miércoles, 30 de octubre de 2013

Vídeo sobre la Filosofía de la Ciencia

http://www.youtube.com/v/9FqGD7bme9g?version=3&autohide=1&autohide=1&feature=share&showinfo=1&attribution_tag=OdQlqrC_N9JOA8UcDlCYVA&autoplay=1

miércoles, 23 de octubre de 2013

A verdade

 


A palabra verdade, do latín veritas, ten moitos significados, abarcando desde a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular; así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.

Para o hebreo clásico o termo emuná significa primariamente "confianza", "fidelidade". As cousas son verdadeiras cando son "fiábeia"; fieis, porque cumpren o que ofrecen.
Debido a amplitude de significados, o termo non ten unha única definición na que estean de acordo a maioría dos estudosos, e as teorías sobre a verdade continúan sendo hoxe amplamente debatidas. Hai posicións diferentes acerca de cuestións como:
  • Que é o que constitúe a verdade.
  • Con que criterio podemos identificala e definila.
  • Se o ser humano posúe coñecementos innatos ou só pode adquirilos.
  • Se existen as revelacións ou a verdade pode alcanzarse tan só mediante a experiencia, o entendemento e a razón.
  • Se a verdade é subxetiva ou obxectiva.
  • Se a verdade é relativa ou absoluta.
  • E até que grao poden afirmarse cada unha de ditas propiedades.
A pregunta pola verdade é e foi obxecto de debate entre teólogos, filósofos e lóxicos ao longo dos séculos, considerándose un tema concernente á alma e ao estudo dunha chamada psicoloxía racional, dentro do campo da filosofía.
Na actualidade é un tema de investigación científica, así como de fundamentación filosófica:
  • A investigación científica da función cognitiva introduce novas perspectivas acerca do coñecemento baseado na evidencia como crenza verdadeira con xustificación válida.
  • Interesa á lingüística, pois a linguaxe é expresión da propia verdade.
  • Interesa á antropoloxía filosófica, pois parece evidente que os seres humanos prefiren a verdade á mentira, e a certeza á dúbida ou ao erro.
  • Interesa á socioloxía, por canto o aprecio cara á verdade e a condena da mentira ou do erro varía en intensidade segundo as épocas e as culturas, pois tanto o concepto de verdade como a súa valoración non sempre é o mesmo ao longo da historia e da cultura.
  • Interesa á ciencia en canto tal na súa pretensión de coñecemento válido.
  • Etc.
A importancia que ten este concepto é que está arraigado no corazón de calquera suposto persoal, social e cultural. De aí a súa complexidade.

Con pedir perdón non é suficiente.


 - Agarra o plato e tírao ao chan.
 + Listo.
- Rompeu?
+ Sí.
- Agora pídelle perdón.
+ Perdón.
- Volveu a estar coma antes?
+ Non.
- Entendiches?






Albert Einstein


miércoles, 9 de octubre de 2013

A filosofía da ciencia é...

A filosofía da ciencia é a parte da filosofía que estuda os fundamentos, presupostos e implicacións filosóficas da ciencia, incluíndo as ciencias naturais como física e bioloxía, e as ciencias sociais, como psicoloxía e economía. Neste sentido, a filosofía da ciencia está intimamente relacionada á epistemoloxía e á ontoloxía. Procura explicar cousas como:
  • A natureza das afirmacións e conceptos científicos.
  • A forma como se producen.
  • Como a ciencia explica, predí e, a través da tecnoloxía, domina a natureza.
  • Os medios para determinar a validade da información.
  • A formulación e uso do método científico.
  • Os tipos de argumentos usados para chegar a conclusións.
  • As implicacións dos métodos e modelos científicos para a sociedade e para as propias ciencias.
Benvidos!
Neste blog comentaremos sobre as diferentes formas de ver a vida de manera filosófica mediante textos, imaxes etc.