A palabra verdade, do latín veritas, ten moitos significados, abarcando desde a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular; así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.
Para o hebreo clásico o termo emuná significa primariamente "confianza", "fidelidade". As cousas son verdadeiras cando son "fiábeia"; fieis, porque cumpren o que ofrecen.
Debido a amplitude de significados, o termo non ten unha única definición na que estean de acordo a maioría dos estudosos, e as teorías sobre a verdade continúan sendo hoxe amplamente debatidas. Hai posicións diferentes acerca de cuestións como:
- Que é o que constitúe a verdade.
- Con que criterio podemos identificala e definila.
- Se o ser humano posúe coñecementos innatos ou só pode adquirilos.
- Se existen as revelacións ou a verdade pode alcanzarse tan só mediante a experiencia, o entendemento e a razón.
- Se a verdade é subxetiva ou obxectiva.
- Se a verdade é relativa ou absoluta.
- E até que grao poden afirmarse cada unha de ditas propiedades.
Na actualidade é un tema de investigación científica, así como de fundamentación filosófica:
- A investigación científica da función cognitiva introduce novas perspectivas acerca do coñecemento baseado na evidencia como crenza verdadeira con xustificación válida.
- Interesa á lingüística, pois a linguaxe é expresión da propia verdade.
- Interesa á antropoloxía filosófica, pois parece evidente que os seres humanos prefiren a verdade á mentira, e a certeza á dúbida ou ao erro.
- Interesa á socioloxía, por canto o aprecio cara á verdade e a condena da mentira ou do erro varía en intensidade segundo as épocas e as culturas, pois tanto o concepto de verdade como a súa valoración non sempre é o mesmo ao longo da historia e da cultura.
- Interesa á ciencia en canto tal na súa pretensión de coñecemento válido.
- Etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario