O Concello de Laxe está a celebrar a Semana da
Ciencia, unha iniciativa mundial que este ano chegou á vila da man da
animadora sociocultural, Cristina Vázquez del Prisco (27 anos),
encargada, ademais, doutras moitas actividades que se desenvolven na
vila ao longo do ano. Nesta ocasión, os que máis gozaron da novidade,
foron os estudantes de Laxe, que participaron en varios obradoiros
científicos e visitaron a exposición Galicia Biodiversidade.
-¿Como xurdiu a idea de celebrar a Semana da Ciencia?
-É un proxecto a nivel mundial que leva moitos anos
celebrándose, pero no noso caso é o primeiro. Tiñamos moitas ganas de
facelo, pero adiantámonos un pouquiño ao resto das vilas de Galicia.
-¿Que resultado tivo?
-No caso dos escolares a participación foi moi alta
e pasárono moi ben. Os nenos descubriron que a ciencia tamén é algo
divertido e pasárono en grande no obradoiro no que elaboraron cohetes de
auga.
-¿Que outras actividades tedes preparadas para estes días?
-A semana que vén faremos o tradicional magosto e
seguimos coa mostra de teatro afeccionado, que está a ter moito éxito
entre os veciños.
-En xeral, ¿como funcionan as actividades culturais en Laxe?
-Moi ben e a mostra é que este ano aumentou moito o número de alumnos nas escolas de música e teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario